No día a día da empresa surxen moitos problemas que necesitan novas ideas para ser resoltos. Por regla xeral, pasamos moitísimo tempo intentando resolver un problema, cómo mellorar un proceso ou pensando en qué novo producto/servizo presentaremos para a próxima tempada.
Ese tempo que empleamos para buscar “a idea”, vólvese longo, ineficaz e, moitas veces sen resultado.
É mais eficiente e eficaz, xerar moitas ideas e escoller as mellores, que adicar moito tempo á búsqueda desa idea maravillosa que nunca aparece, por esta razón, é mais importante xerar unha gran cantidade de ideas sinxelas para posteriormente transformalas en ideas de calidade para a resolución de problemas.
O pensamento lóxico, lévanos a perder moito tempo en atopala solución ideal, intenta xerar gran cantidade de ideas nun tempo limitado, de forma fluida, flexible e orixinal. De todalas ideas, elixe aquelas que che poidan servir para solucionar o teu problema e segue seempre os criterios de: impacto e viabilidade.
Unha idea moi impactante, pode ser pouco viable, e unha moi viable pode resultar pouco creativa, conxuga estos dous criterios e engade sensibilidade, PRÁCTICA DIARIAMENTE e verás as túas ideas traducirse en beneficios.